EXPOSICIÓN PERMANENTE - (VERBUM-CASA DAS PALABRAS)

Descripción: 

A exposición permanente constitúe o eixo central do Verbum. Desenvólvese a partir de 29 cubos de madeira espallados ao chou pola sala, como se foran o froito dunha tirada de dados. Cada cubo identifícase cunha letra e en conxunto abordan todos os aspectos vencellados coa palabra no senso máis amplo do concepto. Dende a fisioloxía da comunicación (a boca, a vocalización, o oído, como falamos ou como escoitamos) até os medios de comunicación. No percorrido os e as visitantes poderán atoparse coa historia e as variedades de comunicacións, as orixes e historia da escritura, o mundo das palabras, dos idiomas, os xogos coas palabras (trabalinguas, palíndromos...) ou a historia do libro.

Data: 
Xov (01/01/2015) a Dom (31/12/2017)
Horarios: 
Martes a sábado: de 17:00 h a 20:00 h - Sábados, domingos e festivos: de 12:00 h a 14:00 h - Luns pechado (incluídos festivos)
Lugar: 
Museo Verbum – Casa das Palabras (avd. de Samil 17, 36212 Vigo)
Organizador: 
Concellería de Cultura
Acceso: 
Gratuíto
AnexoTamaño
PDF icon guia_resume_visita_Verbum_gal.pdf11.1 MB