EXPOSICIÓN "ESENCIAS DUNHA COLECCIÓN" - (PINACOTECA FFR)

Descripción: 

A Concellería de Cultura presenta a exposición "Esencias dunha colección" que poderá visitarse na Pinacoteca Municipal "Francisco Fernández del Riego" (r/ Abeleira Menéndez, 8) a partir do martes 1 de marzo.

O Concello de Vigo conta cunha das máis importantes coleccións de arte galega. Esta colección nace dunha constante e acertada política de adquisicións levada a cabo desde o Museo municipal "Quiñones de León".

Practicamente en menos dun século, o museo foi quen de formar paseniñamente unha colección que supera actualmente as cincocentas obras de arte, algunhas delas consideradas verdadeiros fitos da plástica galega contemporánea.

A pequena exposición presenta algunhas das súas obras e autores máis representativos e, asemade, permite facer un rápido percorrido pola arte galega durante o pasado século.

Dos exemplos máis antigos, como Avendaño, Bello Piñeiro ou Lloréns, até os últimos de finais de século como Leiro, Monroy ou Matamoro; salientan neste percorrido "express", os grandes mestres Laxeiro, Souto, Maside, Colmeiro, Seoane, Lugrís ...

Data: 
Mar (01/03/2016) a Dom (24/09/2017)
Horarios: 
Martes a venres: 18:00 a 21:00 h - Sábados: 12:00 a 14:00 e 18:00 a 21:00 h - Domingos e festivos: 12:00 a 14:00 h
Lugar: 
Pinacoteca Municipal "Francisco Fernández del Riego" (r/ Abeleira Menéndez 8, 36202 Vigo)
Organizador: 
Concellería de Cultura
Acceso: 
Gratuíto