EXPOSICIÓN "ECLECTICIDADE. REINTERPRETANDO AS TRADICIÓNS" - (CASA GALEGA DA CULTURA)

Descripción: 

eclectiCIDADE é o nome que dá título a un ciclo de tres exposicións que se desenvolverán simultáneamente no Concello de Vigo durante o mes de agosto e que se enmarcan dentro da programación de A noite branca.

En cada unha das exposicións reúnense os traballos de diversos creadores da cidade ou intimamente vinculados a ela. O nexo común das tres mostras foi reunir as múltiples manifestacións artísticas en torno á imaxe que se está a orixinar na actualidade dentro da cidade de Vigo. O reto dun proxecto coma este é o de conciliar nun mesmo espacio expositivo diversas ideas e tendencias, ademais de dar cabida a un numeroso grupo de fotógrafos e artistas visuais que abordan a realidade dende diferentes prismas e que mostran o bó estado e a calidade das propostas do medio non so dentro da cidade de Vigo, senón tamén dentro do panorama artístico actual galego.

eclectiCIDADE desenvólvese dentro dunha cidade que, por tradición e debido a súa situación estratéxica entre ambos continentes, foi dende sempre un foco constante de influencias externas que soubo asimilar e acoller multiplicidade de formas e estilos de vida que permanecen recollidos, por exemplo, na súa arquitectura con obras significativas de arquitectos como Jenaro de la Fuente e Michel Pacewicz.

Nun dos edificios máis representativos da eclecticidade arquitectónica viguesa, móstranse 3 maneiras radicalmente diferentes de interpretar as tradicións a través da imaxe. Roberto de la Torre mostra parte dun proxecto fotográfico persoal que vén desenvolvendo dende fai anos en torno ás festas tradicionais galegas. Cé Tomé asume o tema da tradición dende unha perspectiva máis transgresora a través do collage e a fragmentación da imaxe. Por último, Alba Fernández Troiteiro coa súa peza audiovisual “Femenino singular” mostra a través da danza ritual a confrontación de contrarios entre home-muller e tradición-modernidade.

A exposición permanecerá aberta ao público ata o 30 de agosto.

Data: 
Ven (07/08/2015) a Dom (30/08/2015)
Horarios: 
INAUGURACIÓN (07-08-15): 21:30 h - RESTO PERÍODO EXPOISITIVO: Luns a venres: 18:00 h a 21:00 h - Sábados: 12:00 h a 14:00 h e 18:00 h a 21:00 h - Domingos e festivos: 12:00 h a 14:00 h
Lugar: 
Casa Galega da Cultura. Sala de exposicións (praza da Princesa 2, 36202 Vigo)
Organizador: 
Concellería de Cultura
Acceso: 
Gratuíto