EXPOSICIÓN "eclectiCIDADE. Diálogos coa imaxe contemporánea en Vigo" - (CASA DAS ARTES)

Descripción: 

eclectiCIDADE é o nome que dá título a un ciclo de tres exposicións que se desenvolverán simultáneamente no Concello de Vigo durante o mes de agosto e que se enmarcan dentro da programación de A noite branca.

En cada unha das exposicións reúnense os traballos de diversos creadores da cidade ou intimamente vinculados a ela. O nexo común das tres mostras foi reunir as múltiples manifestacións artísticas en torno á imaxe que se está a orixinar na actualidade dentro da cidade de Vigo. O reto dun proxecto coma este é o de conciliar nun mesmo espacio expositivo diversas ideas e tendencias, ademais de dar cabida a un numeroso grupo de fotógrafos e artistas visuais que abordan a realidade dende diferentes prismas e que mostran o bó estado e a calidade das propostas do medio non so dentro da cidade de Vigo, senón tamén dentro do panorama artístico actual galego.

eclectiCIDADE desenvólvese dentro dunha cidade que, por tradición e debido a súa situación estratéxica entre ambos continentes, foi dende sempre un foco constante de influencias externas que soubo asimilar e acoller multiplicidade de formas e estilos de vida que permanecen recollidos, por exemplo, na súa arquitectura con obras significativas de arquitectos como Jenaro de la Fuente e Michel Pacewicz.

A planta baixa da Casa das Artes de Vigo acolle os traballos de 13 artistas visuais emerxentes da cidade de Vigo. Nesta exposición conviven proxectos visuais moi heteroxéneos entre si que abordan temas como a memoria, o cine, os conflitos bélicos, a paisaxe, a arquitectura e a identidade en obras realizadas baixo diferentes linguaxes como a fotografía, o vídeo, a fotomontaxe ou os límites entre videoarte e cine.

Na última semana de exposición, do 7 ao 11 de setembro, ás 20:00 h, vanse realizar visitas guiadas por parte dos artistas para que o público que o desexe poida coñecer de primeira man as motivacións de cada autor/a e a súa obra.

No acto inaugural de A noite branca, que se celebrará o 7 de Agosto nesta mesma sala, ademáis da obra citada anteriormente, proxectaranse 6 pezas visuais para as que o grupo Caspervek compuxo a música e que posteriormente ofrecerá un concerto de jazz e swing.

Este trío está composto por xóvenes formados no conservatorio vigués, que desenvolven un proxecto musical que ten como principais obxetivos transmitir emocións e sensacións a través da percepción audiovisual e a creación de bandas sonoras para proxeccións de cinema.

A exposición permanecerá aberta ao público ata o 13 de setembro.

Data: 
Ven (07/08/2015) a Dom (13/09/2015)
Horarios: 
Inauguración (07-08-15): 20:00 h - RESTO PERÍODO EXPOSITIVO: luns a venres: 18:00 h a 21:00 h - sábados:12:00 h a 14:00 e 18:00 h a 21:00 h - domingo e festivos: de 12:00 h a 14:00 h
Lugar: 
Casa das Artes (rúa Policarpo Sanz 15, 36201 Vigo)
Organizador: 
Concellería de Cultura
Acceso: 
Gratuíto