Exposición. de Amaya González Reyes

Descripción: 

A exposición de Amaya González Reyes (Sanxenxo, Pontevedra, 1979) será a quinta proposta do ciclo “Entrar na obra”, que se desenvolve ao longo de varios meses nas salas do primeiro andar, e cuxo título está tomado da célebre peza de Giovanni Anselmo Entrare nell´opera (1971). O paradoxo que rodea o concepto de espectador e que o sitúa entre a pasividade e a acción é o punto de partida desta serie de proxectos, que analizan a condición do público como elemento inherente á obra. A relación directa entre ambos os dous, o intercambio físico ou a reciprocidade inmediata xeran unha nova dimensión na que tempo e espazo alteran as condicións da recepción e da percepción.

O ciclo “Entrar en la obra” incluíu proxectos de Loreto Martínez Troncoso, Wilfredo Prieto, Rubén Grilo e Karmelo Bermejo, ao que seguirán as propostas de Amaya González Reyes e Judi Werthein (Bos Aires, Arxentina, 1967).

Data: 
Ven (16/12/2011) a Dom (26/02/2012)
Horarios: 
M-S (festivos incluídos): 11:00 a 21:00 / D: 11:00 a 15:00
Lugar: 
MARCO
Organizador: 
MARCO
Acceso: 
Gratuíto
Ciclo: 
Ciclo: ENTRAR NA OBRA