Bases e convocatoria de subvencións para actividades socioculturais 2013
Entre as actividades conmemorativas do seu 75 aniversario, o Museo Municipal “Quiñones de León” presenta a súa nova exposición no Pazo de Castrelos "COLECCIÓNS HISTÓRICAS NO MUSEO DE CASTRELOS". A colección municipal de arte, asignada ao museo “Quiñones de León”, está formada por máis de 1.500 obras, divididas en tres seccións: arte europea antiga, na que cosideramos mestres europeos principalmente dos séculos XVII, XVIII e XIX; a colección e artes decorativas, formada por un heteroxéneo e amplo conxunto de mobiliario, cerámica, reloxos e que ambienta as estancias do pazo; e finalmente a colección de arte galega contemporánea, exposta na actualidade na Pinacoteca “Francisco Fernández del Riego”
O museo presenta nesta exposición unha excelente selección da súa colección de arte europea antiga; obras que na súa maioría formaron o primeiro “Quiñones de León” e que proveñen do Legado Policarpo Sanz e do Depósito do Museo Nacional do Prado.