Exposición. “Hotel MARCO. Un proxecto de Michael Lin & rvr Arquitectos”

Descripción: 

O Espazo Anexo do MARCO convértese nun lugar habitable que calquera persoa interesada poderá utilizar como cuarto de hotel propiamente dito, logo de reserva e pagamento de tarifa, e gozar da experiencia de albergarse dentro dun espazo expositivo pensado como obra de arte, situado á vez dentro e fóra das instalacións do museo.

A estética relacional —ideada polo teórico francés Nicolas Bourriaud para nomear un tipo de instalacións nas que a experiencia entre as persoas, a obra e a realidade conviven e definen o significado— facilita a lectura deste espazo como peza de arte, e compréndese a partir dos traballos de moitos creadores de finais dos anos oitenta e principios dos noventa. O “Hotel MARCO” enténdese como lugar de intercambio social e como unha sorte de “práctica artística que toma como punto teórico e práctico o todo das relacións humanas e o seu contexto social”, como diría Bourriaud.

Dende a inauguración do 8 de abril, ata o 18 de maio, Día Internacional do Museo, o lugar estará aberto ao público no horario habitual, como espazo expositivo. A partir desa data comezará o seu uso como cuarto de hotel, sexa dentro do programa de residencias ou para reservas de particulares.

Data: 
Ven (08/04/2011) a Xov (31/10/2013)
Horarios: 
M-S 11:00-21:00, D 11:00-15:00
Lugar: 
MARCO. Príncipe, 54. Tlf: 986 113 900
Organizador: 
MARCO
Acceso: 
Gratuíto