EXPO “XXII MARATÓN FOTOGRÁFICO“ - (CASA DAS ARTES)

Descripción: 

Este venres día 19 de xaneiro, ás 20:00 h, inaugúranse no primeiro andar da Casa das Artes (r/ Policarpo Sanz, 15) a  exposición correspondente ao "XXII Maratón Fotográfico".

"XXII Maratón Fotográfico" está organizado pola Agrupación Fotográfica Galega, coa colaboración da Concellería de Cultura e da Clínica Dental Susana Santeiro. O maratón tivo lugar o 25 e 26 de novembro pasados, con preto de 120 participantes que tiveron 24 h para fotografar catro temas: "Respecto", "Fuga", "Desliz" e "Unión". Como é costume, durante o acto de inauguración, o xurado dará a coñecer as persoas gañadoras dos premios estipulados nas bases e que se conceden á serie fotográfica:

Primeiro premio: 1.000 €

Segundo premio: 500 €

Terceiro premio: 300 €



A exposición permanecerá aberta ao público ata o 25 de febreiro.

Data: 
Ven (19/01/2018) a Dom (25/02/2018)
Horarios: 
INAUGURACIÓN (19-01-18): 20 h – RESTO PERIODO EXPOSITIVO: luns a sábado: de 18:00 h a 21:00 h – Sábados, domingos e festivos: de 12:00 h a 14:00 h
Lugar: 
Casa das Artes. 1º andar (rúa Policarpo Sanz 15 , 36202 Vigo)
Organizador: 
Agrupación Fotográfica Galega, coa colaboración da Concellería de Cultura e da Clínica Dental Susana Santeiro
Acceso: 
Gratuíto
AnexoTamaño
PDF icon folleto_expo_maraton_fotografico.pdf756.45 KB