EXPO “III CONCURSO DE RELATO FOTOGRÁFICO CLÍNICA DENTAL SUSANA SANTEIRO“ - (CASA DAS ARTES)

Descripción: 

Este venres día 19 de xaneiro, ás 20:00 h, inaugúranse no primeiro andar da Casa das Artes (r/ Policarpo Sanz, 15) a  exposición correspondente ao "III Concurso de Relato Fotográfico Clínica Dental Susana Santeiro".

Nesta edición do "III Concurso de Relato Fotográfico Clínica Dental Susana Santeiro", presentáronse un total de 68 participantes, continuando coa repercusión internacional acadada en edicións anteriores. As bases do concurso indican que se debería contar unha historia nun máximo de seis fotografías, creando unha secuencia de imaxes cun fío conductor que xenere un relato. Os premios estipulados son os seguintes:

1º Premio: 1.000 € + Diploma

2º Premio: 500 € + Diploma

3º Premio: 250 € + Diploma

Premio especial do público: 300 € + Diploma

3 accésits: 50 € + Diploma

Premio de honor "Clínicas Dentais Susana Santeiro": 300 €

 

 

As exposicións permanecerán abertas ao público ata o 25 de febreiro.

Data: 
Ven (19/01/2018) a Dom (25/02/2018)
Horarios: 
INAUGURACIÓN (19-01-18): 20 h – RESTO PERIODO EXPOSITIVO: luns a sábado: de 18:00 h a 21:00 h – Sábados, domingos e festivos: de 12:00 h a 14:00 h
Lugar: 
Casa das Artes. 1º andar (rúa Policarpo Sanz 15 , 36202 Vigo)
Organizador: 
Clínica Dental Susana Santeiro, coa colaboración da Concellería de Cultura e da Agrupación Fotográfica Galega
Acceso: 
Gratuíto