EXPLURART – (AUDITORIO MARTÍN CÓDAX DO CSM)

Descripción: 

A Concellería de Cultura e Festas colabora co Conservartorio Superior de Música de Vigo (CSM) na segunda edición da Exposición Plural das Artes, EXPLURART, que terá lugar do 24 de marzo ao 9 de abril, no Auditorio Martín Códax (r/ Manuel Olivié, 23).

O programa, no que participarán solistas e grupos de España e Portugal e que contará con 15 estreas, pretende crear un espazo de converxencia para todas as artes, con artistas, profesorado, alumnado e público; un espazo no que convivan as ensinanzas e a creación artística, un proxecto para investigar e propoñer novas fórmulas de participación, interacción e creación.

Este ano presentaranse espectáculos multidisciplinares, instalacións interactivas e músicas que se escoitarán por primeira vez na nosa cidade.

O CSM de Vigo presenta este proxecto en colaboración con todos os centros artísticos, nunha aposta pola creación e difusión da cultura, promovendo a pluralidade artística, nunha confluencia de artistas sonoros, pintores, actores, escultores, músicos de jazz, rock, clásico, contemporáneo, experimental… todos nun frente común. Así, participarán artistas da ESAD, Facultade de Belas Artes da Universidade de Vigo, Conservatorio Profesional de Música de Lugo, Conservatorio Profesional de Danza de Lugo, EAV de Vigo...

A entrada a todos os espectáculos será gratuíta ata completar aforo.

Data: 
Lun (24/03/2014)
Horarios: 
20:00 h
Lugar: 
Auditorio Martín Códax (r/ Manuel Olivié 23, 36203 Vigo)
Organizador: 
Conservatorio Superior de Música, colabora a Concellería de Cultura e Festas
Acceso: 
Entrada gratuíta ata completar aforo
AnexoTamaño
PDF icon programa Explurart-1.pdf4.45 MB