Este martes día 18 de setembro terá lugar a reapertura do Museo Liste-Etnográfico de Vigo

Trala finalización das obras de mantemento acometidas durante o verán, o Museo Liste-Etnográfico de Vigo volve abrir as súas portas a partir do martes 18 de setembro, retomando a súa programación habitual coa exposición permanente e as actividades dirixidas tanto a escolares como a todos os públicos.