Entradas esgotadas para o espectáculo para bebés da compañía "CARAMUXO" na función das 12:00 h

Infórmase que as entradas para a función das 12:00 h do domingo 26 de novembro da compañía CARAMUXO, co espectáculo para bebés "Redondo", no Auditorio Municipal do Concello, están esgotadas. Por este motivo, o despacho de billetes do auditorio só funcionará para a recollida das entradas vendidas anticipadamente.

Todavía hai posibilidade de adquirir entradas para a función do mesmo espectáculo prevista o mesmo domingo 26 ás 18:00 h. As entradas poderán adquirirse anticipadamente a través da páxina web de Ticketea (www.ticketea.com), no teléfono 902.044.226, en Discos Elepé (r/ Doutor Cadaval, 35), ou o mesmo día do espectáculo a partir dunha hora antes do comezo, no depacho de billetes do Auditorio (sempre que houbese entradas disponibles).