ELADIO Y LOS SERES QUERIDOS. SESIÓNS ANECOICAS. FESTIVAL SINSAL PRIMAVERA – (ESCOLA ENXEÑARÍA DE TELECOMUNICACIÓN)

Descripción: 

O Festival Sinsal Primavera Vigo fainos catro propostas sonoras singulares nos meses de abril e maio. Dous espectáculos especiais no Auditorio Municipal do Concello: o proxecto de Tashi Wada Group con Julia Holter e Corey Fogel (14 abril), e o tributo de Dorian Wood a Chavela Vargas baixo o título “Xavela Lux Aeterna” (18 abril), aos que se suman dúas Sesións Anecoicas na Escola de Enxeñaría de Telecomunicación coas bandas galegas Vudú (10 abril) e Eladio y los Seres Queridos (22 maio). O Festival Sinsal Primavera é un proxecto no que colabora o Concello de Vigo; tamén a Universidade de Vigo a través do centro de investigación Atlanttic. Un evento que en 2019 celebra o seu aniversario número dezasete. As entradas para os concertos do Auditorio do Concello teñen un prezo de 10 euros e saen a venda en ticketea As Sesións Anecoicas son de entrada libre; iso si, con inscrición previa debido ao limitado do aforo da cámara.

Coa publicación de “Orden Invisible” en outubro de 2014, Eladio y los Seres Queridos emprenderon o seu particular Never Ending Tour que os levou a actuar entre 2015 e 2018 en diferentes salas do país e nos festivais máis importantes de Galicia como PortAmérica, Festival de La Luz, O Son Do Camiño, Cantos na Maré, Raro Vello Novo (Sinsal), Festival do Leite, Surfing The Lerez o Galegote, entre outros, e no Sonorama, Low Festival, Ebrovisión, WIC, Intro Music Festival, etc no resto de España. En 2016 editan “Cantares”, disco co que gañan o Premio MIN ao melor traballo do ano en galego e en 2017 “Historias de Caza”, co que obteñen o Premio Martín Códax da Música 2018 ao Mejor grupo Indie/Pop. Desde 2011, con aquel “Están ustedes unidos”, a música de Eladio y los Seres Queridos desprende melodías e historias entendidas por moitos; un runrun que permanece na cabeza tras a escoita.

Data: 
Mér (22/05/2019)
Horarios: 
Sesións ás 16:30 e 17:15 h
Lugar: 
Escola Enxeñaría de Telecomunicación (Campus Lagoas-Marcosende)
Organizador: 
Sinsalaudio, coa colaboración da Concellería de Cultura
Acceso: 
De balde. Capacidade limitada. Inscrición previa en info@sinsalaudio.org
AnexoTamaño
PDF icon cartel_sinsal_primavera_2019.pdf138.89 KB