"EBB & FLOW. A Onda Traz, o Vento Leva" de Gabriel Mascaro

A partir do martes 5 de xuño, o MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo, exhibe no espazo do salón de actos o vídeo titulado EBB & FLOW. A Onda Traz, o Vento Leva, do artista Gabriel Mascaro (Recife, Brasil, 1981), gañador da Bolsa 2011 da Fundación ArtAids para a produción audiovisual. Trátase dun proxecto que se convoca unha vez ao ano, polo que ArtAids encarga a produción dun vídeo que trate de forma innovadora a cuestión do VIH/sida ou os seus problemas derivados.

A presentación desta obra de Mascaro conta coa colaboración do MARCO de Vigo; o MACBA, Museu d’Art Contemporani de Barcelona; e La Casa Encendida, de Madrid, que acollen a programación do vídeo en datas sucesivas. No caso do MARCO, trátase da segunda colaboración coa Fundación ArtAids, responsable da exposición ‘You Are not Alone’, que ocupou as salas da planta baixa do MARCO no último trimestre de 2011.

 

Gabriel Mascaro

Fotograma EBB & FLOW A Onda Traz, o Vento Leva

2012

Vídeo, HD, cor, estéreo, 28 min

© Fundación  ArtAids e Gabriel Mascaro