Domingo 29 de abril-Día Internacional da Danza nas rúas da cidade

A Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo, entidade referente na cidade en temas culturais, e especialmente no folclore, celebra o Día Internacional da Danza, en colaboración coa Concellería de Cultura e Festas do Concello de Vigo, realizando un total de 15 actuacións de danza tradicional galega en 5 lugares da cidade.

Ás 12:00 horas, e simultaneamente, os grupos de folclore da Agrupación realizarán unha actuación na que o público asistente poderá gozar das pezas típicas da danza galega: muiñeiras, xotas, ribeiranas...