D.E.P. - (AUDITORIO MUNICIPAL DO CONCELLO)

Descripción: 

FICHA TÉCNICA

Compañía: Malasombra Producións

Xénero: teatro comedia

Autoría: Jordi Sánchez e Pep Antón Gómez

Dirección: Marcos Orsi e Xoque Carbajal

Adaptación: Xoque Carbajal

Escenografía: Kukas

Deseño de son e música: Bernardo Martínez

Deseño de iluminación: Xúlio Lago

Vestiario: Malasombra

Elenco artístico: Jouse García e Xoque Carbajal

 

D.E.P. é unha trepidante comedia na que se nos amosa con moito humor o egoísmo, a mentira e o engano entre irmáns ante a repartición dunha herdanza. Uns seres humanos que nos amosan o seu lado máis cruel ante a disputa de bens materiais “que mamá morra axiña por favor!”.

D.E.P. amosa unha situación ben recoñecible polo espectador: a pelexa pola herdanza. Pero aínda hai algo que a fai moito máis singular e é que neste caso a herdanza é dunha nai que aínda non está morta. Quen non soubo de pelexas entre irmáns por este motivo?

Como din os expertos: “Unha herdanza sen problemas non é herdanza, senón milagre”. Ou como dicían as nosas avoas: “A quen Deus non lle dá fillos, o demo dálle sobriños”. Isto é D.E.P., unha comedia, claro.

Data: 
Ven (22/03/2019)
Horarios: 
21:00 h
Lugar: 
Auditorio Municipal do Concello
Organizador: 
Concellería de Cultura
Acceso: 
8 €