DAS SCHWEIGENDE KLASSENZIMMER (A REVOLUCIÓN SILENCIOSA) DE LARS KRAUME– CINE CLUB LUMIERE - (AUDITORIO MUNICIPAL DO CONCELLO)

Descripción: 

FICHA TÉCNICA

Dirección e guión: Lars Kraume                                                                                                         

Música: Christoph Kaiser e  Julian Maas                                                                                                 

Fotografía: Jens Harant

Duración: 111 minutos.

Nacionalidade: Alemaña

Ano: 2018

V.O.S.C.

 

FICHA ARTISTICA

Jonas Dassler

Judith Engel

Tom Gramenz

Michael Gwisdek

2018: PREMIO AO MELLOR DIRECTOR NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DE MUNICH
2018: PREMIO AO MELLOR ACTOR MOZO, JONAS DASSLER, NOS PREMIOS DO CINE BÁVARO

SINOPSE

A partir dos feitos reais descritos na novela autobiográfica de Dietrich Garstka, The silent classroom, publicada no 2006. A acción transcorre na dividida Alemaña de 1956, cando o muro aínda non se alzara; dous estudantes exploran secretamente a cara occidental da cidade onde descobren a revolta do pobo húngaro nos noticiarios. A súa loita pola liberdade espertará as simpatías de toda unha clase a punto de graduarse que, en solidariedade cos seus veciños europeos, deciden gardar un minuto de silencio nas aulas en honor ás vítimas, desafiando as doutrinas ideolóxicas do leste.

LARS  KRAUME

Director, produtor e guionista nado no 1973 en Italia. Ten dirixido numerosas producións de televisión, mesmo varios episodios da serie de crimes  Tatort e a súa propia mini-serie de crimes  Dengler. Iníciase no cine coa curtametraxe  Life Is Too Short to Dance with Ugly Women (1996). Co seu filme The People vs. Fritz Bauer (2015), debuta na longametraxe e foi nomeada a nove premios da academia de cine alemán, acadando seis. 

Este é o seu último traballo.

Data: 
Lun (07/01/2019)
Horarios: 
20:30 h
Lugar: 
Auditorio Municipal do Concello
Organizador: 
Cine Clube Lumiere, coa colaboración da Concellería de Cultura
Acceso: 
Cota anual soci@: 18 euros Cota filme soci@: 4 euros Bono Lumière 5 filmes: 15 euros (só soci@s) Cota filme colaborador@: 5 euros PARAD@S, con carné: 4 euros
AnexoTamaño
PDF icon XANEIRO 2019.pdf121.84 KB