DÍA INTERNACIONAL DA POESÍA. “ESPECTÁCULO DE REGUEIFAS” - (BIBLIOTECA XOSÉ NEIRA VILAS)

Descripción: 

A Regueifa é un desafío oral improvisado en verso. Polo seu carácter basicamente oral a súa orixe pérdese na noite dos tempos.
A tradición era que antes do banquete de voda, a parella puxera a disposición dos que non foran invitados un bolo de pan chamado “Regueifa”, e a maneira de ver quen era a persoa á que lle cabía o honor de repartilo entre os presentes era retarse dialecticamente entre eles, en verso, meténdose uns con outros, cos contraentes ou cos familiares destes, para ver quen facía gala do maior enxeño e mordacidade. Co paso do tempo, esta tradición chegou a ser un elemento máis de pasar o tempo morto no bar ou incluso a modo de espectáculo nas festas.

A confrontación realízase normalmente por parellas sen que interveña no enfrontamento dialéctico ningunha outra persoa, aínda que é relativamente habitual que cando hai varios “Regueifeiros” invitados ao final participen todos nunha roda na que cada un fai unha copla.

 

 

Destinatarios: público xeral. Todas as persoas que se acheguen á biblioteca.

Data: 
Mar (21/03/2017)
Horarios: 
19:30 h
Lugar: 
Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas (avd. Martínez Garrido 21, 36205 Vigo)
Organizador: 
Concellería de Cultura
Acceso: 
Gratuíto