DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2017 “CARLOS CASARES” - (BIBLIOTECA XOSÉ NEIRA VILAS)

Descripción: 

Con motivo do Día das Letras Galegas, a Biblioteca Xosé Neira Vilas decide sumarse aos festexos para conmemorar a obra de Carlos Casares.

Así, na Biblioteca Xosé Neira Vilas realizaranse diferentes actividades para festexar esta data.

Unha mostra bibliográfica onde estarán presentes as obras de Carlos Casares, así coma outras obras significativas da literatura galega. Esta mostra complétase cunha exposición de carteis de conmemoración do Día das Letras doutros anos e finalizaremos cunha sesión especial de contos dirixidos ao público adulto da man de Soledad Felloza que nos amosará o mundo literario de Carlos Casares.

 

Actividades:

-Mostra: do martes 2 ao mércores 31 de maio do 2017 en horario de apertura da biblioteca.

-Exposición: do martes 2 ao mércores 31 de maio do 2017 en horario de apertura da biblioteca.

-Día das Letras Galegas. Soledad Felloza: mércores 16 de maio ás 19:30 h: Contos de Carlos Casares

 

Destinatarios:

-Día das Letras Galegas: todas as persoas que accedan á biblioteca.

-Mostra: todas as persoas que accedan á biblioteca.

-Exposición: todas as persoas que accedan á biblioteca.

Data: 
Mar (02/05/2017) a Mér (31/05/2017)
Horarios: 
MOSTRA-EXPOSICIÓN: MAÑÁS: de martes a sábado de 10:30 h a 14:00 h - TARDES: de luns a venres de 17:00 h a 20:30 h - MÉRCORES, 16 DE MAIO: 19:30 h
Lugar: 
Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas (avd. Martínez Garrido 21, 36205 Vigo)
Organizador: 
Concellería de Cultura
Acceso: 
Gratuíto