A Concellería de Cultura e Festas colabora na realización do concerto que o artista Rapahel ofrecerá no auditorio "Mar de Vigo" o xoves 4 de outubro, ás 21,00h, e que está producido e organizado pola empresa Categórica.
As entradas poden adquirirse a través do servizo de Servinova dende hoxe venres día 1 de xuño, e os prezos oscilan dos 36,40 € aos 67,60 €.