Comeza o sétimo Festival de Jazz de Vigo Imaxina Sons

17 de xuño-

O venres 17 de xuño comeza unha nova edición de Imaxina Sons co concerto do contrabaixista e cantante Avishai Cohen (Xerusalén, 1970) no teatro do Centro Cultural Novacaixagalicia ás 22.30h. Cohen está a presentar en escenarios de todo o mundo o seu novo traballo discográfico “Seven seas”. No mes de abril comezou xira europea colgando o cartel de non hai entradas na sala Olympia de París e como un efecto dominó, as butacas enchéronse en todos os seus concertos continentais.
A xornada inaugural deste sétimo Imaxina Sons, o primeiro que coordina o compositor Nani García e promovido polo departamento de Cultura do Concello de Vigo, comeza coa participación de músicos da Escola A Tempo de Pontevedra en Imaxina na Rúa e rematará no club Xancarajazz co concerto de Gabriel Peso Trío.