COLECCIÓN BIBLIOTECA-MUSEO FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO - (CASA GALEGA DA CULTURA)

Descripción: 

No ano 1995, Francisco Fernández del Riego fai doazón ao Concello de Vigo da súa biblioteca, con máis de 20.000 títulos bibliográficos, seu arquivo persoal e o seu fondo artístico, que se sitúan na Casa Galega da Cultura. Este último fondo conforma, na actualidade, o museo que leva o seu nome.

A través desta colección imos a coñecer a esa figura senlleira da nosa cultura, e tamén, achegarémonos a arte galega do século XX. Francisco Fernández del Riego viviu integramente este século tan intenso e cambiante, e participou nel activamente en favor da cultura galega. Temos que entender esta mostra permanente como unha colección case de «afectos», formada polas obras de artistas cos que del Riego se relacionou ao largo da súa vida. Con todos colaborou pola defensa da cultura e identidade de Galicia, e ademais tivo con algúns, unha estreita amizade e colaboración.

Xunto á colección artística, veremos tamén obxectos singulares, premios e condecoracións e parte do seu interesante epistolario. A colección exposta se conforma de 254 pezas, das cales, 79 son pezas plásticas.

Data: 
Lun (13/02/2017) a Dom (31/12/2017)
Horarios: 
CON EXPOSICIÓN NA PLANTA BAIXA: de luns a sábados, de 18 a 21 h; sábados, domingos e festivos, de 12 a 14 h - SEN EXPOSICIÓN NA PLANTA BAIXA: de luns a venres (laborables), de 18 a 20 h
Lugar: 
Casa Galega da Cultura (pza. da Princesa 2, 36202 Vigo)
Organizador: 
Concellería de Cultura
Acceso: 
Gratuíto
AnexoTamaño
PDF icon guia_resume_visita_MFFR_gal.pdf1.96 MB