A Cincenta

Descripción: 

A versión da Cincenta (versión musical de Prokofiev), que propón La Mov Cía de Danza, é o conto coñecido e recoñecido por todo o mundo pero desde outro punto de vista. Trátase dunha nova visión, unha renovada proposta do clásico de Perrault.

O coreógrafo Víctor Jiménez pretende que cada unha das personaxes adquiran nalgún momento da historia, o papel de protagonista, pero que todas elas xuntas, relaten a obra. Son seres con características moi peculiares cada un deles, seres actuais e modernos que nos conducen polo mundo do conto clásico, cos seus proverbios e toda a súa fantasía. As propias características e actitudes das personaxes serán as que nos acheguen ao mundo da Cincenta e dos contos de fadas. A través de cada un dos protagonistas coñeceremos o argumento, con toda a temática que engloba este clásico: igualdade, amor, solidaridade, envexa, ciumes; pero tamén ilusión, soños e moita fantasía.

Data: 
Dom (12/02/2012)
Horarios: 
18:00 a 19:15
Lugar: 
Auditorio Municipal do Concello de Vigo
Organizador: 
Concellería de Cultura e Festas
Acceso: 
5 € Adultos, 3 € Menores de 12 anos