CIENCIA SONORA – (BIBLIOTECA NEIRA VILAS)

Descripción: 

O obradoiro “Ciencia sonora” é un proxecto educativo plenamente práctico, que combina conceptos científicos e sonoros nun ambiente de traballo baseado na experimentación.

A través da construción de diversos dispositivos musicais electrónicos, o público asistente irá adquirindo coñecementos prácticos sobre varios principios científicos (electromagnetismo, resistividade, frecuencia, vibración...) e a súa aplicación musical, enfocándonos en áreas específicas como a creatividade, a educación ambiental, o método científico ou a aprendizaxe colaborativa.

Martes 6 e mércores 7 de agosto público infantil dende 9 anos

Destinatarios: Público infantil maiores de 9 anos

Inscripción:Os interesados en participar neste obradoiro poden formalizar a súa inscrición a partir das 10.30h do 16 de xullo de forma presencial na biblioteca, mandando un correo electrónico a bpneiravilas@vigo.org indicando os seus datos (nome e apelidos, idade, enderezo, teléfono e correo electrónico) ou ben a través do teléfono 986 267 759. A actividade é gratuíta e as prazas cóbrense por orde de inscrición.

Data: 
Mar (06/08/2019) a Mér (07/08/2019)
Horarios: 
De 11.00h a 13.00 h
Lugar: 
Biblioteca Xosé Neira Vilas
Organizador: 
Concellería de Cultura
Acceso: 
Gratuíto
AnexoTamaño
PDF icon 05 - Ciencia sonora.pdf87.69 KB