CICLO DE CINE – DE VERBAS A FOTOGRAMAS – (BIBLIOTECA XOSÉ NEIRA VILAS)

Descripción: 

 

De verbas a fotogramas é unha mostra das diferentes fórmulas de audiovisual que se realizan en Galicia (filme, webserie, documental...) en torno á literatura e ás verbas. Tras o visionado dos distintos proxectos incluídos no ciclo, manteremos un encontro cos seus directores e protagonistas.

CONTRA A MORTE: Unha  aproximación a Lois Pereiro

Dirección: Alexandre Cancelo , Iago Martínez

Contra a morte é un documental ao redor da figura do poeta Lois Pereiro (Monforte de Lemos, 1958 – A Coruña, 1996), un documental de testemuño que percorre os lugares e convive coas persoas da súa vida, debuxando un arco xeracional para achegarse á persoa e o seu tempo. Lois Pereiro é a presenza constante dun símbolo, un poeta que apostou pola independencia da súa voz fronte á poesía canónica e profesoral, un home que viviu a vida intensamente. Monforte, Madrid, Berlín, A Coruña e O Incio son os lugares polos que os autores transitan perseguindo unha presenza, as voces que narran o paso de Lois Pereiro entre os vivos. Homenaxeado no Día das Letras Galegas de 2011, son moitos os ángulos escuros na biografía dun poeta que encarna a modernidade na poesía galega, o risco, o punk e o underground.

Data: 
Lun (28/01/2019)
Horarios: 
19:00 h
Lugar: 
Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas
Organizador: 
Concellería de Cultura
Acceso: 
Gratuíto