CICLO DE CINE – DE VERBAS A FOTOGRAMAS – (BIBLIOTECA XOSÉ NEIRA VILAS)

Descripción: 

De verbas a fotogramas é unha mostra das diferentes fórmulas de audiovisual que se realizan en Galicia (filme, webserie, documental...) en torno á literatura e ás verbas. Tras o visionado dos distintos proxectos incluídos no ciclo, manteremos un encontro cos seus directores e protagonistas.

AMERICANO + AYSHA

Director e guionista: Fon Cortizo.

AMERICANO

O Pai de Emanuel Xavier abandonou á súa nai despois de saber que estaba embarazada. Con tres anos, Xavier foi vítima de abusos sexuais por parte dun familiar. Aos 16, a súa nai botouno de casa. Nas rúas de New York, gañaba a vida como prostituto e vendedor de droga nalgúns dos clubes do circuíto gay, como The Sound Factory ou Roxy NYC.

Tras abandonar a escena de clubes comenzou a traballar nunha libraría, onde descubriu a súa paixón pola poesía, que acabaría cambiando a súa vida. Xavier asegura que a poesía é a “saída para liberarse da dor e a ira”          

 AYSHA

 A Primavera árabe devolveu ás rúas a unha xeración que se sentía allea á realidade xordana. Pouco quedou de aqueles días onde o descontento  se facía visible en Amman. Aysha recita ideas de cambio en poemas que atacan á indiferenza. As súas palabras en inglés esquivan unha censura máis interesada nos versos en árabe.

 Meses atrás, Aysha renunciou ao seu traballo para emprender un proxecto creativo, loitando contra as barreiras e resistencias dun mundo masculinizado.

Data: 
Lun (21/01/2019)
Horarios: 
19:00 h
Lugar: 
Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas
Organizador: 
Concellería de Cultura
Acceso: 
Gratuíto