"CATÁLOGO DE 1937. A ARTE REXIONAL NA CREACIÓN DO MUSEO MUNICIPAL QUIÑONES DE LÉON" - (PINACOTECA FFR)

Descripción: 

O 22 de xullo de 1937, en plena guerra civil, o museo municipal de Vigo “Quiñones de León” comezaba a súa andaina tras un proceso longo e laborioso de formación. O catálogo inaugural desta data permítenos coñecer de primeira man a colección exposta no momento da súa inauguración. Na mostra aténdese a aquelas obras que corresponden á colección de arte galega adscritas na súa maioría ao denominado movemento rexionalista. Moitas delas, case descoñecidas para o público, recuperan a súa presenza expositiva neste proxecto e así retornan ao panorama artístico e histórico da cidade.

Como se formou a colección inaugural de arte galega? Esta é a premisa da exposición. Dar a coñecer a primeira colección non só dende o punto de vista artístico senón tamén dende unha perspectiva histórica. Faise como resposta, como acto de xustiza e memoria, ao esforzo que supuxo a creación do museo municipal “Quiñones de León”, unha empresa comunitaria na que se involucraron as diferentes corporacións locais, os artistas e, para subliñar, os propios cidadáns vigueses. Deste xeito propoñemos un percorrido pola formación da colección do museo que achegue ao/a visitante a este esforzo conxunto, ao pulo da sociedade viguesa do primeiro terzo do século XX plenamente comprometida coa cultura.



MÁS INFORMACIÓN NO SEGUINTE ENLACE.

Data: 
Xov (09/08/2018) a Dom (18/08/2019)
Horarios: 
INAUGURACIÓN (09-08-18): 19:30 h – RESTO PERÍODO EXPOSITIVO: martes a venres: de 18 h a 21 h - sábados: de 12 h a 14 h e de 18 h a 21 h - domingos e festivos: de 12 h a 14 h
Lugar: 
Pinacoteca FFR (planta primeira e segunda) (rúa Abeleira Menéndez 8, 36202 Vigo)
Organizador: 
Concellería de Cultura
Acceso: 
Gratuíto
AnexoTamaño
PDF icon catalogo_expo_catalogo1937.pdf14.52 MB