A Casa das Artes acolle as exposicións do "XXII Maratón Fotográfico" e o "III Concurso de Relato Fotográfico Clínica Dental Susana Santeiro"

Este venres día 19 de xaneiro, ás 20:00 h, inaugúranse no primeiro andar da Casa das Artes (r/ Policarpo Sanz, 15) as  exposicións correspondentes ao "XXII Maratón Fotográfico" e mailo "III Concurso de Relato Fotográfico Clínica Dental Susana Santeiro".

O "XXII Maratón Fotográfico" está organizado pola Agrupación Fotográfica Galega, coa colaboración da Concellería de Cultura e da Clínica Dental Susana Santeiro. O maratón tivo lugar o 25 e 26 de novembro pasados, con preto de 120 participantes que tiveron 24 h para fotografar catro temas: "Respecto", "Fuga", "Desliz" e "Unión". Como é costume, durante o acto de inauguración, o xurado dará a coñecer as persoas gañadoras dos premios estipulados nas bases e que se conceden á serie fotográfica:

Primeiro premio: 1.000 €

Segundo premio: 500 €

Terceiro premio: 300 €

 

En canto ao "III Concurso de Relato Fotográfico Clínica Dental Susana Santeiro", nesta terceira edición presentáronse un total de 68 participantes, continuando coa repercusión internacional acadada en edicións anteriores. As bases do concurso indican que se debería contar unha historia nun máximo de seis fotografías, creando unha secuencia de imaxes cun fío conductor que xenere un relato. Os premios estipulados son os seguintes:

1º Premio: 1.000 € + Diploma

2º Premio: 500 € + Diploma

3º Premio: 250 € + Diploma

Premio especial do público: 300 € + Diploma

3 accésits: 50 € + Diploma

Premio de honor "Clínicas Dentais Susana Santeiro": 300 €

 

 

As exposicións permanecerán abertas ao público ata o 25 de febreiro.