"CARLOS CASARES E A FOTOGRAFÍA" - (CASA GALEGA DA CULTURA)

Descripción: 

Carlos Casares, persoa no que a curiosidade ocupaba un lugar notable, posuía un notorio interese cara á fotografía, alén dunha estimable colección de cámaras fotográficas. Esta mostra recolle fotografías tiradas polo propio Casares e outras nas que el mesmo aparece fotografado, en moitos casos incluso disparando fotografías ou en relación con aparellos fotográficos. Trátase dun conxunto de fotos pertencentes ao que se podería chamar, no sentido contemporáneo do termo, o álbum familiar. Dous grandes apartados configuran este corpus fotográfico: o retrato e a fotografía de viaxes.

En resumo, esta mostra, comisariada por Vítor Vaqueiro e Gustavo Adolfo garrido,  tenta poñer ao público en contacto cunha faceta descoñecida do escritor.

Data: 
Xov (03/08/2017) a Dom (03/09/2017)
Horarios: 
APERTURA (03-08-17): 12:00 h – RESTO PERÍODO EXPOSITIVO: de luns a sábado de 18:00 h a 21:00 h; sábados, domingos e festivos de 12:00 h a 14:00 h
Lugar: 
Casa Galega da Cultura (pza. da Princesa 2, 36202 Vigo)
Organizador: 
Fundación Carlos Casares, coa colaboración da Concellería de Cultura
Acceso: 
Gratuíto