A BIBLIOTECA PÚBLICA CENTRAL DE VIGO CONMEMORA O “DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL”

O día  2 de abril celébrase en todo o mundo o DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL. Todos os anos, desde 1965 o Internacional Board on Books for Young People (IBBY), no que están integrados máis de 70 países , entre eles España, promove a celebración deste día para conmemorar o nacemento do escritor danés  Hans Crhistian Andersen e fomentar a lectura entre nenos e nenas.

A Biblioteca Pública Central de Vigo  súmase ós actos  da celebración inaugurando a exposición   dunha serie de Centros de Interés  que serán renovados cada dous meses e serán adicados a contos  clásicos infantís , comenzamos con motivo do día do libro infantil e xuvenil co primeiro adicado   Peter  Pan  e titulado “Peter Pan viaxa ó país dos libros”, conto máxico que sigue cautivando a nenos e adultos de todo o mundo.  Propostas de lectura e xogos nos que a través da creatividade   pretende satisfacer os gustos  e estimular o entusiasmo  dos que a visiten.

Así mesmo a Biblioteca súmase á proposta da OEPLI (Organización española para el libro infantil y juvenil) e GALIX (Asociación galega do libro infantil e xuvenil) para o desenvolvemento dunha actividade de “BOOKCROSSING”  (práctica de deixar libros en lugares públicos para que os recollan outros lectores, que despois farán o mesmo, coa idea de liberar libros e que sean encontrados por diferentes persoas). Explicarase  en qué consiste a actividade, qué obxetivos ten e cómo se realiza. Logo prepararanse os libros que van ser liberados . A maior parte dos libros serán liberados por nenos e nenas, aproveitando a actividade de visitas escolares, pero tamén por adultos e poderán liberalos onde queiran. As persoas que atopen o libro deberán inscribilo na páxina web de bookccrossing para coñecer o diario de viaxe de cada libro.

Lerase  tamén ese día o manifesto  de  Francisco Hinojosa, elixido para a conmemoración de este ano  e titulado “Había unha vez un conto que contaba o mundo enteiro”. Será lido  á mesma hora por todos os países que se suman á conmemoración.