Berrogüetto presenta o seu último traballo "Kosmogonías" o xoves 15 de abril.

O concelleiro de Cultura, Xesus López, presentou este luns a actuación que o grupo Berrogüetto ofrecerá o vindeiro xoves, 15 de abril, no teatro do Centro Cultural Caixanova. O edil explicou que neste concerto Berrogüetto presentará o seu último disco "
Kosmogonías", que conta coa colaboración de Rosa Aneiros e Manuel Rivas.