BASES DO “VI FESTIVAL PRIMAVERA DO CINE EN VIGO 2017”

Descripción: 

A sexta edición do Festival Primavera do Cine presentou as bases para concorrer ao certame, que terá lugar entre o 5 e o 14 de maio na cidade de Vigo. A A.C. Reencanto Produccións, como entidade organizadora, en colaboración coa Concellería de Cultura, manterá a súa aposta polo audiovisual galego e lusófono, consolidando así o carácter internacional da cita fílmica.

Así mesmo as actividades paralelas ao festival continuarán coa vontade de orientación de servizo público, visibilizando, en palabras da organización, «proxectos de xustiza histórica e promovendo valores como a ecoloxía e a sostenibilidade, facendo posible, así, un cinema comprometido». As proxeccións terán lugar no Auditorio Municipal do Concello (praza do Rei, 1) como sede principal, no Instituto Camoes e no Marco.

O período de recepción de filmes abranguerá dende o día 12 de xaneiro ata o día 21 de febreiro. As produtoras e cineastas interesados en enviar os seus traballos, poden acceder ás bases e ao formulario de inscrición a través da web "www.primaveradocine.com"

Data: 
Xov (12/01/2017) a Mar (21/02/2017)
Horarios: 
Ata as 23:59 h do 21 de febreiro de 2017
Lugar: 
Bases e formulario de inscrición a través da web "www.primaveradocine.com"
Organizador: 
A.C. Reencanto producións, colabora a Concellería de Cultura
Acceso: 
Gratuíto