BASES DE PARTICIPACIÓN DO CONCURSO<br/>“VENTE COS REIS MAGOS 2011-12”<br/>(aprobadas na Xunta de goberno do 2 de decembro de 2011)<br/>

9 de decembro.-

1. O obxecto deste concurso é seleccionar a corenta nenos o nenas para acompañar os Reis Magos, na Cabalgata de Reis, que terá lugar na nosa cidade o día 5 de xaneiro de 2012. Os
nenos/as serán repartidos en grupos de dez nas tres carrozas reais e unha do Paxe Real.
2. Neste concurso poderán participar todos os nenos e nenas da cidade que o desexen; a única limitación por motivos de seguridade será a idade: só poderán participar aqueles
nacidos entre o 1 de xaneiro de 1999 e o 31 de decembro de 2003, ambos inclusive. Así mesmo, as nenas e nenos seleccionados en edicións anteriores non poderán tomar
parte neste concurso.
3. Para participar só será necesario cubrir o boletín de inscrición que poderán recoller na oficina de Información da lonxa da Casa do Concello. Só se aceptará un boletín por
neno/a, sendo eliminados do concurso aqueles que presenten máis dun.
4. As inscricións depositaranse nas caixas de correos do Carteiro real que se instalarán na Lonxa da Casa do Concello e nos Centros cívicos de Teis, Casco Vello, Coruxo e Saiáns. O prazo de inscrición comezará o día 15 de decembro e finalizará ás 20:00 horas do día 20 de decembro de 2011.
5. O sorteo
realizarase o día 22 de decembro de 2011, ás 12:00 horas, na Casa do Concello.
6. No sorteo, ademais dos nenos e nenas seleccionados/as, sacaranse un total de doce suplentes para cubrir posibles baixas ou renuncias.
7. Os pais, nais ou titores dos nenos e nenas agraciados no sorteo deberán, trala comunicación da Concellaría de Festas, asinar a pertinente autorización e acreditar, mediante a presentación do libro de familia, non só a idade senón, a paternidade ou maternidade, ou titoría, no seu caso. De ser o caso, poderán asinar a renuncia.
8. O Concello de Vigo ofreceralles ós nenos e nenas seleccionados un disfrace, que entregarán unha vez finalizada a cabalgata.
9. O Concello de Vigo disporá dunha póliza que cubra a responsabilidade civil polos danos que os nenos ou nenas puidesen sufrir ou provocar con ocasión desta acción.
10. A concelleira de Festas queda facultada para resolver as posibles eventualidades que poidan xurdir no desenvolvemento deste concurso e que non estean
previstas
nestas bases.