Ampliación de horarios por exames na Biblioteca Pública Juan Compañel no mes de decembro

Co obxecto de facilitar o estudo polo periodo de exames e o uso das instalacións públicas, a Biblioteca Pública Juan Compañel (r/ Joaquín Yáñez, 6), en colaboración coa Concellería de Cultura, ampliará o horario de apertura da súa Sala de Lectura, según o seguinte:

- Periodo de ampliación: venres 1 ao 21 de decembro, ambos inclusive.

- Horarios ampliados durante ese periodo:

Luns a venres: de 20:30 h a 24:00 h

Sábados: de 16:00 h a 24:00 h
Domingos e festivos: 10:00 h a 14:00 h