Alén da croa

Descripción: 

“Alén da Croa” é unha historia baseada en diferentes relatos referidos ás lendas mouras, unha interpretación dunha parcela do noso imaxinario popular, da nosa cultura, no eido da tradición oral e levada ao escenario, por primeira vez, a través da danza.

En “Alén da Croa” mestúranse distintas linguaxes de danza: a tradicional galega, a oriental-tribal e a contemporánea, xunto co teatro e a música, todo envolto nun marco netamente contemporáneo e traído aos nosos días, facendo de “Alén da Croa” algo novidoso e úico dentro do abano dos espectáculos de danza en Galicia

Data: 
Ven (10/02/2012)
Lugar: 
AUDITORIO MUNICIPAL. Pza. do Rei, 1. Tlf: 986 810 100
Organizador: 
Concellería de Cultura e Festas
Acceso: 
7 €