AKARI - (AUDITORIO MUNICIPAL DO CONCELLO)

Descripción: 

FICHA TÉCNICA

Compañía: Da.Te Danza

Xénero: danza contemporánea

Autoría e coreografía: Omar Meza

Dirección: Omar Meza e Julia Ruíz

Adaptación e deseño de son: Da.te Danza

Escenografía: Valentín Martínez (Lucas)

Deseño de iluminación: J.C.Tamajon

Vestiario: Laura León

Música: Diego Neuman Galán

Elenco artístico: Inés García e David Barrera

 

Akari é luz. Investiga as súas propiedades e a súa particular forma de viaxar polo aire. A luz, a penumbra, a sombra e a escuridade. Amosa a necesidade que sentimos de aproximarnos a un raio de luz para quentar a nosa pel e por que todos pechamos os ollos ao facelo. Pomos obstáculos para impedir que continúe cara a diante, sempre en liña recta, sempre en liña recta.

Vímola nos ollos do outro e sentimos como ás veces se cola dentro de nós e nos inunda. Entón parece que sae despedida, pola polpa de cada dedo, e rodéase do noso corpo ao andar, escapa polo peito e a nosa mirada lánzase cara a diante. Sempre en liña recta, sempre en liña recta.

A través da danza, a luz interior de cada un de nós brillará dun modo especial e único.

Data: 
Dom (28/04/2019)
Horarios: 
18:00 h
Lugar: 
Auditorio Municipal do Concello
Organizador: 
Concellería de Cultura
Acceso: 
5 €