“VENUS” (VENUS) DE LEA GLOB E METTE CARLA ALBRECHTSEN – CINE CLUBE LUMIERE – (AUDITORIO MUNICIPAL DO CONCELLO)

Descripción: 

FICHA TÉCNICA

Dirección e guión: Lea Glob, Mette e Carla Albrechtsen.

Fotografía: Cathrine Coleman.

Montaxe: Signe Rebekka Kaufmann.

Música: Ola Kvernberg.

Duración: 80 minutos.

Nacionalidade: Dinamarca / Noruega.

Ano: 80 minutos.

V.O.S.C.

 

FICHA ARTÍSTICA

Documental.

 

SINOPSE

Dúas directoras danesas convocan unha proba como parte do proceso para facer un filme erótico dirixido por e para mulleres. Como resposta á chamada,  preséntanse máis de cen mulleres que falan directamente á cámara sobre as súas fantasías eróticas,  desexos e frustracións. A medida que avanza a rodaxe, as entrevistadas ábrense máis e a trama vai tomando forma. As directoras, sen telo previsto,  cren que estas sesións íntimas son o filme que necesitaban facer.

 

LEA GLOB

Guionista e  realizadora nada en Dinamarca no  1982.  Graduada pola National Film School of Denmark. Ten  unha recoñecida traxectoria na televisión. O seu  primeiro filme Meeting My Father Kasper Top Hat (2011), foi premiado no Festival de Televisión de Sichuan.

 

METTE  CARLA  ALBRECHTSEN

Guionista e  realizadora nada en Dinamarca no 1980. Estuda no Graphic Arts Institute de Copenhague e traballou para distintas axencias de publicidade antes de graduarse na National Film School of Denmark. No ano 2011, xunto con Lea Glob, acadaron o Premio Nordic Talent Pitch polo seu proxecto Human Female Sexuality.



MÁIS INFORMACIÓN SOBRE O FUNCIONAMENTO DO DESPACHO DE BILLETES E DOS ACCESOS AOS ESPECTÁCULOS ORGANIZADOS POLA CONCELLERÍA DE CULTURA NO AUDITORIO MUNICIPAL DO CONCELLO NO ARQUIVO QUE SE ACHEGA.

Data: 
Lun (22/05/2017)
Horarios: 
20:30 h
Lugar: 
Auditorio Municipal do Concello (praza do Rei 1, 36202 Vigo)
Organizador: 
Cineclub Lumière Vigo, coa colaboracion da Concellería de Cultura
Acceso: 
Cota anual soci@: 18 € - Cota filme soci@: 4 € - Bono Lumière 5 filmes: 15 € (só soci@s) - Cota filme colaborad@r: 5 € - PARAD@S, con carné: 4 €