“UP2DOWN” DE TRASPEDIANTE (CON PISTACATRO PRODUCTORA DE SOÑOS) – (AUDITORIO MUNICIPAL DO CONCELLO)

Descripción: 

Up2Down é un espectáculo de danza-circo contemporáneo no que o humor e a danza interactúan cunha disciplina circense nova en Galicia: o funambulismo; creando un universo singular.

As bailarinas Marta Alonso & Paula Quintas interpretan a dúas personaxes definidas polo seu status antagónico: o alto e o baixo; a funambulista -etérea e ideal-, a paiasa -terreal e mundana-. Xunto a elas o espectador percorrerá unha viaxe emocional a través dos seus desexos e aspiracións até que alcanzan un punto de encontro: o equilibrio.

*Conmemoración do Día Internacional da Danza.

 

Compañía: TRASPEDIANTE (CON PISTACATRO PRODUCTORA DE SOÑOS).

Xénero: Danza circo.

Autoría: Traspediante.

Dirección: Arturo Cobas.

Deseño de son e música: María Mendoza.

Deseño de iluminación: Javier Quintana.

Vestiario: Fany Bello.

Coreografía: Marta Alonso e Paula Quintas.

Elenco artístico: Marta Alonso & Paula Quintas.

Público: todos os públicos.

Idioma: galego.

Duración: 55 minutos.

 

 

AS ENTRADAS PODERÁN ADQUIRIRSE ANTICIPADAMENTE

(sen gastos de xestión, ao mesmo prezo que no despacho de billetes)

- A través da páxina web de Ticketea

- No teléfono 90244226

- Na Central de Espectáculos (Velázquez Moreno, 26)

Horario: De 10 h a 13 h e de 17 h a 20 h de luns a venres / De 10 h a 13 h os sábados

- O mesmo día do espectáculo a partir dunha hora antes do comezo no despacho de billetes do Auditorio (sempre que houbese entradas disponibles)

 

ABONOS

(só en anticipada, non poderán adquirirse no despacho de billetes do propio Auditorio)

-ABONO Á CARTA 5

Elixe 5 espectáculos de toda a programación combinados como queiras e goza dun 15 % de desconto sobre o prezo total.

-ABONO Á CARTA 10

Elixe 10 espectáculos de toda a programación combinados como queiras e goza dun 25 % de desconto sobre o prezo total.



PROGRAMA COMPLETO NO ARQUIVO QUE SE ACHEGA.

PROGRAMA RESUMIDO NO SEGUINTE ENLACE.

MÁIS INFORMACIÓN SOBRE O FUNCIONAMENTO DO DESPACHO DE BILLETES E DOS ACCESOS AOS ESPECTÁCULOS ORGANIZADOS POLA CONCELLERÍA DE CULTURA NO AUDITORIO MUNICIPAL DO CONCELLO NO SEGUINTE ENLACE.

Data: 
Ven (28/04/2017)
Horarios: 
21:00 h
Lugar: 
Auditorio Municipal do Concello (praza do Rei 1, 36202 Vigo)
Organizador: 
Concellería de Cultura
Acceso: 
5 €