“PROGRAMAS ESCOLARES” - (BIBLIOTECA XOSÉ NEIRA VILAS)

Descripción: 

Cos programas escolares preténdese que tanto o alumnado como o profesorado  se acheguen ao mundo da biblioteca dunha forma lúdica e amena, que permita, dun lado, que o alumnado que participe nas visitas ao centro valore a biblioteca como un lugar de formación á vez que de lecer, e doutro, que o profesorado que o acompañe descubra neste espazo un lugar onde poder atopar recursos educativos útiles para facilitar o desenvolvemento do seu traballo. Deste xeito, a través das visitas á biblioteca, as persoas participantes familiarízanse co uso das súas instalacións, coñecen o seu funcionamento e as posibilidades formativas que ofrece, e ao mesmo tempo descobren un espazo no que poder pasar o seu tempo de ocio.

Información e reservas a través do teléfono 986 26 77 59 ou do enderezo electrónico bpneiravilas@vigo.org

 

 

Destinatarios: todos os ciclos do sistema educativo.

Os programas para escolares están dirixidos a todos os ciclos do sistema educativo, adaptando os seus contidos a cada un dos niveis.

Prazas: máximo 30 alumnos/as por grupo. Cada grupo deberá estar acompañado dun mínimo dun profesor/a que se responsabilice do grupo.

Reservas: a través do teléfono 986 26 77 59 ou do enderezo electrónico bpneiravilas@vigo.org

Data: 
Dom (01/01/2017) a Ven (31/03/2017)
Horarios: 
Según reserva
Lugar: 
Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas (avd. Martínez Garrido 21, 36205 Vigo)
Organizador: 
Concellería de Cultura
Acceso: 
Gratuíto