“MULLERES DO SILENCIO. DE MARUJA MALLO A ÁNGELA DE LA CRUZ” - (MUSEO MARCO)

Descripción: 

Comisaria: Rosario Sarmiento.

Artistas: Mónica Alonso, Berta Cáccamo, Elena Colmeiro, Mª Carmen Corredoyra y Ruiz de Baro, Mª Antonia Dans, Angela de la Cruz, Mª Victoria de la Fuente, María Xosé Díaz, Dolores Díaz Baliño, Almudena Fernández Fariña, Mª Elena Fernández-Gago, Menchu Lamas, Maruja Mallo, Fina Mantiñán, Tatiana Medal, Julia Minguillón, Rosalía Pazo Maside, Soledad Penalta, Pamen Pereira, Beatriz Rey, Mercedes Ruibal.

Esta mostra supón unha relectura actualizada da exposición A arte inexistente —comisariada por Rosario Sarmiento para o Auditorio de Galicia en 1995—, que reunía obras de artistas mulleres en Galicia no século XX. Dende a perspectiva do tempo transcorrido, situámonos no espazo histórico-temporal das primeiras décadas do século XXI, o que permite visualizar relatos, protagonismos e visións máis amplas sobre as achegas e o papel dalgunhas artistas na historia da creación plástica da Galicia contemporánea. A exposición percorre diferentes xeracións de artistas ata chegar a aquelas creadoras que acceden por primeira vez en Galicia a unha formación académica, tras a creación da Facultade de Belas Artes de Pontevedra en 1990.

Desde o punto de vista estrutural, a exposición formúlase en catro ámbitos onde se procura analizar e afondar nos contextos nos que estas artistas traballaron, facendo fincapé en cuestións como o seu escaso protagonismo nos movementos de vangarda anteriores á Guerra Civil, a posguerra e a obrigada emigración cara a outros centros artísticos fóra de Galicia, a chegada da democracia, e os novos escenarios culturais e formativos nos que traballan aquelas artistas cuxas traxectorias comezan a desenvolverse nos inicios do século XXI.

Data: 
Ven (14/10/2016) a Dom (16/04/2017)
Horarios: 
APERTURA (14-10-16): 20:00 h – RESTO PERÍODO EXPOSITIVO: martes a sábado (festivos incluídos): 11:00 h a 14:30 h e 17:00 h a 21:00 h – Domingos: 11:00 h a 14:30 h - Pechado os luns
Lugar: 
Museo de Arte Contemporánea de Vigo MARCO. Planta baixa (r/ Príncipe 54, 36202 Vigo)
Organizador: 
MARCO, coa colaboración da Concellería de Cultura
Acceso: 
Gratuíto
AnexoTamaño
PDF icon NP_MULLERES DO SILENCIO_GAL.pdf207.38 KB