“JAM SESSION – MAX GÓMEZ CUARTETO” FESTIVAL DE JAZZ DE VIGO “IMAXINASONS 2018” - (CAFÉ VITRUVIA)

Descripción: 

Max Gómez: batería

Juansy Santomé: contrabaixo

Xosé Miguélez: saxo

Sunil López: piano


Comezou os seus estudos musicais de batería con 14 anos da man de Lois Cancelas. Moi pronto a música comeza a ter un lugar moi importante na súa vida e decide cursar estudos na Escola de Música Clásica de Cangas do Morrazo, na Escola de Música Moderna Estudio, de Santiago de Compostela, e seguidamente no Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra. Foi neste último onde o contacto con músicos de jazz como Paco Charlín e Abe Rábade fixo que esta música se convertese no seu centro de atención.

No Seminario ten a oportunidade de participar en concertos e Workshops con músicos como Perico Sambeat, Jonathan Blake, Jaleel Shaw, Walter Smith III, Marcus Gilmore, Ambrose Akinmusire, Aaron Goldberg, etc.

Participa en festivais como o Festival de Jazz de Vigo de Vigo, o Festival Internacional de Jazz de Pontevedra, o Festival de Jazz de Balado dos Frades en Portugal, o Festival de Jazz de Eivisa, o Festival de Jazz de Donostia, o Festival de Jazz de Braga e outros tantos.

Estudou en Nova York cos grandes mestres do jazz como Kendrick Scott, Miguel Zenón, Ben Street, Marcus Strickland, etc.

 

Discografía

Xacobe Martínez Antelo Quinteto: Isto É Jazz!!!

Marcelino Galán: Zinco

S.O.S. Trio: 106 Underground Street

SPJ Big Band (dirixida por Carlos Azevedo)

Xacobe Martínez Antelo Trío

A Tribu: A Chamada

Xacobe Martínez Antelo Cuarteto

Factor E-Reset: Barbanza

Rafa Fernández Quinteto

Ton Risco Quinteto

Felipe Villar Trío: Home e Outro

Juyma Estévez: Océanos de porcelana

Javier Marcos Quinteto



PROGRAMA COMPLETO NO ARQUIVO QUE SE ACHEGA.

Data: 
Sáb (30/06/2018)
Horarios: 
24:00 h
Lugar: 
Café Vitruvia (praza de Compostela 4, 36201 Vigo)
Organizador: 
Concellería de Cultura
Acceso: 
Entrada libre ata completar aforamento
AnexoTamaño
PDF icon programa_imaxinasons18.pdf236.89 KB