“IL LUOGO DELLE FRAGOLE” (O LUGAR DOS MORANGOS) – CINE CLUBE LUMIERE – (AUDITORIO MUNICIPAL DO CONCELLO)

Descripción: 

FICHA TÉCNICA

Dirección, guión e fotografía: Maite Vitoria Daneris.

Música: Andrea Gattico.

Duración: 90 minutos.

Nacionalidade: Italia.

Ano: 2013.

V.O.S.C.

 

FICHA ARTÍSTICA

DOCUMENTAL


-GRAN PREMIO DO XURADO AO MELLOR DOCUMENTAL NO FESTIVAL INTERNACIONAL DEL CINE ITALIANO DE ANNECY, 2014.


-PRIMEIRO PREMIO AO MELLOR FILME DOCUMENTAL NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DE MILÁN, 2014.

-PREMIO UCCA AO MELLOR FILME DOCUMENTAL NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DE TURÍN, 2013.

-PREMIO CARACOLA Á MELLOR LONGAMETRAXE DOCUMENTAL DO FESTIVAL DE CINE ALCANCES, 2013.

 

SINOPSE

Lina é  unha vella campesiña do norte de Italia. Ten o lombo curvado e olla cara á terra. Cada mañá, no alba, chega ao mercado ao aire libre meirande de Europa, Porta Palazzo, no centro de Turín, onde vende a súa verdura e os seus amorodos. Di que ten unha vida de "casa, igrexa e traballo". Non ten  fillos, pero si cinco cans e ao seu  home Gianni, que quere que ela deixe de traballar. Un día no mercado, entra en escena Hassan, un mozo inmigrante marroquí acabado de chegar a Italia na busca de traballo.

Filmada durante sete anos a través da ollada dunha cineasta española que viaxa a Turín, tiña  a idea de quedarse unhas semanas, e volta dez anos máis tarde co filme nas mans.

 

MAITE VITORIA DANERIS

Guionista, produtora, fotógrafa e  realizadora de cine documental nada en Madrid en 1978. No 2004 realiza as súas  primeiras curtametraxes documentais gravadas nunha vila da  serra de Estremadura;  Volvede e Somos nove. No 2005 marcha a  Turín, alí descobre o ambiente creativo e cinematográfico e decide quedar un tempo. Tras dez anos na cidade, onde ten traballado como realizadora en diferentes proxectos de cine documental, dirixe, escribe e produce este traballo, a súa  primeira longametraxe, desenvolvida grazas ao apoio de diferentes entidades audiovisuais europeas e con gran acollida por parte de televisións internacionais como YLE, RAI, ARTE e TVE.

É o seu último traballo. Neste momento vive en Madrid onde segue preparando novos proxectos de cine documental.



 

 

 

Data: 
Lun (19/06/2017)
Horarios: 
20:30 h
Lugar: 
Auditorio Municipal do Concello (praza do Rei 1, 36202 Vigo)
Organizador: 
Cineclub Lumière Vigo, coa colaboracion da Concellería de Cultura
Acceso: 
Cota anual soci@: 18 € - Cota filme soci@: 4 € - Bono Lumière 5 filmes: 15 € (só soci@s) - Cota filme colaborad@r: 5 € - PARAD@S, con carné: 4 €
AnexoTamaño
PDF icon XUÑO 2017.pdf447.14 KB