Fitness é un espectáculo itinerante, no que a pallasa Marián Bañobre percorrerá en bicicleta o centro de Vigo, desde a Porta do Sol até o Mercado do Progreso, facendo deporte en todas as súas variedades, interaccionando e captando a atención dos transeúntes para presentar a programación “Vigocultura” que se desenvolverá no Auditorio do Concello entre febreiro e abril de 2017.
Desde o humor e a sutileza dunha clown muda e con certo aire de misterio, ofrecerase un retrato crítico de certos clixés construídos socialmente arredor do universo feminino, relacionados coa obsesión polo aspecto físico, o coidado do corpo e a saúde, detrás dos que hai emocións máis íntimas como a autoafirmación ou a soidade.
Compañía: IBUPROFENO TEATRO.
Xénero: teatro de rúa.
Autoría, escenografía e vestiario: Marián Bañobre.
Dirección: Santiago Cortegoso.
Elenco artístico: Marián Bañobre.
Percorrido: Porta do Sol e rúa Príncipe. Desde a Praza da Princesa até a farola de Urzáiz.
Público: todos os públicos.
Duración: 60 minutos.
PROGRAMA COMPLETO NO ARQUIVO QUE SE ACHEGA.
PROGRAMA RESUMIDO NO SEGUINTE ENLACE.
Anexo | Tamaño |
---|---|
![]() | 2.25 MB |