“EVA Y ADÁN” DE OTRADANZA – (AUDITORIO MUNICIPAL DO CONCELLO)

Descripción: 

Eva y Adán é unha adaptación do mito desde o corpo e as súas posibilidades.

A primeira muller e o primeiro home míranse con curiosidade, descóbrense similares e gozan dunha vida salvaxe e idílica. Eva y Adán voan por riba de calquera cliché de sexo ou de xénero.

Un espectáculo de danza actual. Danza para nenos e nenas e para toda a familia. Orixe, encontro, inxenuidade, curiosidade, descubrimento, xogo, desenvolvemento e progreso, son as bases desta peza que nos adentra na comunicación e nas relacións humanas.

*Conmemoración do Día Internacional da Danza.

 

Compañía: OTRADANZA.

Xénero: danza contemporánea.

Autoría, dirección e coreografía: Asun Noales.

Escenografía e vestiario: Kike Guerrero.

Deseño de son: Richard Cano.

Deseño de iluminación: Asun Noales e Richard Cano.

Elenco artístico: Salvador Rocher e Saray Huertas.

Público: +5 anos.

Duración: 50 minutos.

 

 

AS ENTRADAS PODERÁN ADQUIRIRSE ANTICIPADAMENTE

(sen gastos de xestión, ao mesmo prezo que no despacho de billetes)

- A través da páxina web de Ticketea

- No teléfono 90244226

- Na Central de Espectáculos (Velázquez Moreno, 26)

Horario: De 10 h a 13 h e de 17 h a 20 h de luns a venres / De 10 h a 13 h os sábados

- O mesmo día do espectáculo a partir dunha hora antes do comezo no despacho de billetes do Auditorio (sempre que houbese entradas disponibles)

 

ABONOS

(só en anticipada, non poderán adquirirse no despacho de billetes do propio Auditorio)

-ABONO Á CARTA 5

Elixe 5 espectáculos de toda a programación combinados como queiras e goza dun 15 % de desconto sobre o prezo total.

-ABONO Á CARTA 10

Elixe 10 espectáculos de toda a programación combinados como queiras e goza dun 25 % de desconto sobre o prezo total.



PROGRAMA COMPLETO NO ARQUIVO QUE SE ACHEGA.

PROGRAMA RESUMIDO NO SEGUINTE ENLACE.

MÁIS INFORMACIÓN SOBRE O FUNCIONAMENTO DO DESPACHO DE BILLETES E DOS ACCESOS AOS ESPECTÁCULOS ORGANIZADOS POLA CONCELLERÍA DE CULTURA NO AUDITORIO MUNICIPAL DO CONCELLO NO SEGUINTE ENLACE.

Data: 
Dom (30/04/2017)
Horarios: 
18:00 h
Lugar: 
Auditorio Municipal do Concello (praza do Rei 1, 36202 Vigo)
Organizador: 
Concellería de Cultura
Acceso: 
5 €