“ELA” CARAMUXO TEATRO – (AUDITORIO MUNICIPAL DO CONCELLO)

Descripción: 

Ela é a nova proposta de Caramuxo Teatro para todos os públicos. Ela crea un mundo fantástico a través das cores, a arte e o universo creativo da pintora Maruxa Mallo. Unha mistura de poesía, humor, teatro e danza, onde descubrir o imaxinario desta muller excepcional. Un poema plástico para gozar en familia.

 

- CONMEMORACIÓN DO “DÍA INTERNACIONAL DA MULLER” HOMENAXE A  MARUXA MALLO.

 

Compañía: Caramuxo Teatro.

Xénero: teatro contemporáneo.

Autoría, dirección e adaptación: Laura Sarasola e Juan Rodríguez.

Escenografía: Caramuxo Teatro e El Tigre de Papel.

Deseño de son e de iluminación: Suso Jalda.

Vestiario: Soledad Gómez.

Música: Caramuxo Teatro.

Coreografía: Laura Sarasola.

Elenco artístico: Laura Sarasola, Juan Rodríguez e Suso Jalda.

Idioma: galego.

Público: familiar (+3 anos).

Duración: 40 minutos.

 

 

AS ENTRADAS PODERÁN ADQUIRIRSE ANTICIPADAMENTE

(sen gastos de xestión, ao mesmo prezo que no despacho de billetes)

- A través da páxina web de Ticketea

- No teléfono 902044226

- En Discos Elepé (r/ Doutor Cadaval, 35)

Horario: De 10 h a 13:30 h e de 16:30 h a 20 h de luns a sábado

- O mesmo día do espectáculo a partir dunha hora antes do comezo no despacho de billetes do Auditorio (sempre que houbese entradas disponibles)

ABONOS

(só en anticipada, non poderán adquirirse no despacho de billetes do propio Auditorio)

-ABONO Á CARTA 5

Elixe 5 espectáculos de toda a programación combinados como queiras e goza dun 10 % de desconto sobre o prezo total.

-ABONO Á CARTA 10

Elixe 10 espectáculos de toda a programación combinados como queiras e goza dun 25 % de desconto sobre o prezo total.



PROGRAMA COMPLETO NO ARQUIVO QUE SE ACHEGA.

MÁIS INFORMACIÓN SOBRE O FUNCIONAMENTO DO DESPACHO DE BILLETES E DOS ACCESOS AOS ESPECTÁCULOS ORGANIZADOS POLA CONCELLERÍA DE CULTURA NO AUDITORIO MUNICIPAL DO CONCELLO NO SEGUINTE ENLACE.

Data: 
Dom (11/03/2018)
Horarios: 
18:00 h
Lugar: 
Auditorio Municipal do Concello (praza do Rei 1, 36202 Vigo)
Organizador: 
Concellería de Cultura
Acceso: 
5 €