“EL MUNDO LIRONDO” DE SPASMO TEATRO – (AUDITORIO MUNICIPAL DO CONCELLO)

Descripción: 

Compañía: Spasmo Teatro.

Xénero: teatro comedia.

Autoría: Spasmo Teatro e Ángel Calvente.

Dirección: Ángel Calvente.

Adaptación e coreografía: Spasmo Teatro.

Escenografía: Francisco Tapia.

Deseño de son: Tilly Sound.

Deseño de iluminación: Juan Manuel Hidalgo.

Vestiario: Dolores Pérez.

Música: Álvaro Sánchez.

Elenco artístico: Isaac Tapia, Vicente.

 

-Premio ao Mellor Espectáculo Infantil na Feira de Teatro de Castela e León 2017.

 

Unha viaxe que te levará aos recunchos máis afastados do mundo e te achegará de volta á casa. Os pequenos espectadores adquirirán dun xeito divertido e emocionante nocións básicas de xeografía, xentes e diferenzas culturais, plantas e animais, e fundamentalmente, a importancia de respectar e coidar o medio ambiente.

Fai as maletas, colle o teu pasaporte e a túa cámara de fotos e prepárate para a maior e máis divertida aventura da túa vida.

 

Idioma: español.

Público: famliar (+ 6 anos)

Duración: 60 minutos.

 

 

AS ENTRADAS PODERÁN ADQUIRIRSE ANTICIPADAMENTE

(sen gastos de xestión, ao mesmo prezo que no despacho de billetes)

- A través da páxina web de Ticketea

- No teléfono 902044226

- En Discos Elepé (r/ Doutor Cadaval, 35)

Horario: De 10 h a 13:30 h e de 16:30 h a 20 h de luns a sábado

- O mesmo día do espectáculo a partir dunha hora antes do comezo no despacho de billetes do Auditorio (sempre que houbese entradas disponibles)

ABONOS

(só en anticipada, non poderán adquirirse no despacho de billetes do propio Auditorio)

-ABONO Á CARTA 5

Elixe 5 espectáculos de toda a programación combinados como queiras e goza dun 10 % de desconto sobre o prezo total.

-ABONO Á CARTA 10

Elixe 10 espectáculos de toda a programación combinados como queiras e goza dun 25 % de desconto sobre o prezo total.


PROGRAMA COMPLETO NO ARQUIVO QUE SE ACHEGA.

MÁIS INFORMACIÓN SOBRE O FUNCIONAMENTO DO DESPACHO DE BILLETES E DOS ACCESOS AOS ESPECTÁCULOS ORGANIZADOS POLA CONCELLERÍA DE CULTURA NO AUDITORIO MUNICIPAL DO CONCELLO NO SEGUINTE ENLACE.

Data: 
Dom (07/10/2018)
Horarios: 
18:00 h
Lugar: 
Auditorio Municipal do Concello (praza do Rei 1, 36202 Vigo)
Organizador: 
Concellería de Cultura
Acceso: 
5 €