“DA AVARICIA, A LUXURIA E A MORTE” – (AUDITORIO MUNICIPAL DO CONCELLO)

Descripción: 

Compañía: Teatro do Noroeste.

Xénero: teatro contemporáneo.

Autoría: Ramón María del Valle Inclán.

Dirección e deseño de iluminación: Eduardo Alonso.

Tradución: Manuel Guede.

Escenografía e vestiario: Antonio F. Simón.

Deseño de son e música: Bernardo Martínez.

Coreografía: Julia Méndez.

Produción: Eva Alonso.

Elenco artístico: Luma Gómez, Manuela Varela, Fernando Tato, Inma Antonio, Miguel Pernas, Bernardo Martínez, Xan Casas e Felisa Segade.

 

DA AVARICIA,

En Ligazón a avaricia é un colar que enxoia o espertar do desexo erótico máis primario e animal, pero sobre todo é un inmenso e brutal berro de reafirmación da propiedade da muller sobre o seu propio corpo. A confabulación da Raposa e a Venteira non será quen de afogar a ansia de emancipación dunha Moza cos seus obxectivos perfectamente trazados. A noite, a lúa, os cans, delinean un pacto de sangue que conducirá á morte, máis tamén á liberdade.

“A moza, cun aceno cruel que lle crispa os labios e lle afía os ollos, dá en se chantar as tesoiras na súa man, e entrementres, oprime a boca do mozo coa palma ensanguentada”.

A LUXURIA

En A rosa de papel asistimos á agonía dunha traviata desesperada polo seu mal casar e contrariada porque a billetaxe dos seus aforros será malgastada por un mal home borrachón e anarquista. Cando o condenado regresa de encargar os divinos, en descubrindo as carnes brancas da defunta, entre os viños evaporados e os delirios desencaixados, sóbenlle ao caletre todos os putrefactos desexos carnais e necrofílicos, pero o lume da fragua vai coller fachendas de redención e acabará con todo.

“Simeón Julepe, entre labaradas, abrazado ao cadáver berra frenético. As langranas recúan, aspando os brazos. E toda a fragua adquire reflexos de incendio”.

E A MORTE

En A cabeza do Bautista, o patriótico indiano retornado fuxindo de xustizas, e despois da boa e incomprendida acción de dotar a un pobo inculto de bar e billares, se reencontra co seu pasado encarnado no fillo da finada, que chega con intencións retortas de recuperar herdanzas e numerarios. O golpe só ten unha saída, e pasa por transportar o forasteiro á cova. A conseguilo se aplica con esmero a Pepona, que con esa acción quedará irremisiblemente unida ao destino do indiano. Pero no intre final todo se disloca e o que debería ser morte faise vida nun sen remedio.

“Os seus ollos toldados, premen, ao fulgor do facón que ergue a estadea amarela de don Igi. A Pepona,desmaiada, sente que se arrefría sobre a súa boca a boca do Jándalo”.

 

Público: adulto.

Duración: 100 minutos.

 

 

AS ENTRADAS PODERÁN ADQUIRIRSE ANTICIPADAMENTE

(sen gastos de xestión, ao mesmo prezo que no despacho de billetes)

- A través da páxina web de Ticketea

- No teléfono 902044226

- En Discos Elepé (r/ Doutor Cadaval, 35)

Horario: De 10 h a 13:30 h e de 16:30 h a 20 h de luns a sábado

- O mesmo día do espectáculo a partir dunha hora antes do comezo no despacho de billetes do Auditorio (sempre que houbese entradas disponibles)

ABONOS

(só en anticipada, non poderán adquirirse no despacho de billetes do propio Auditorio)

-ABONO Á CARTA 5

Elixe 5 espectáculos de toda a programación combinados como queiras e goza dun 10 % de desconto sobre o prezo total.

-ABONO Á CARTA 10

Elixe 10 espectáculos de toda a programación combinados como queiras e goza dun 25 % de desconto sobre o prezo total.



PROGRAMA COMPLETO NO ARQUIVO QUE SE ACHEGA.

MÁIS INFORMACIÓN SOBRE O FUNCIONAMENTO DO DESPACHO DE BILLETES E DOS ACCESOS AOS ESPECTÁCULOS ORGANIZADOS POLA CONCELLERÍA DE CULTURA NO AUDITORIO MUNICIPAL DO CONCELLO NO SEGUINTE ENLACE.

Data: 
Ven (23/11/2018)
Horarios: 
21:00 h
Lugar: 
Auditorio Municipal do Concello (praza do Rei 1, 36202 Vigo)
Organizador: 
Concellería de Cultura
Acceso: 
8 €