“CONCERTO SINGULAR” DE PÍSCORE – (AUDITORIO MUNICIPAL DO CONCELLO)

Descripción: 

Compañía: Píscore.

Xénero: teatro musical.

Autoría, escenografía e vestiario: Píscore.

Dirección: Fran Rei.

Deseño de son: Félix Rodríguez.

Deseño de iluminación: Paula Castro.

Música: Félix Rodríguez, Pepe Varela, Diego Rosal e Pablo Cabanelas.

Coreografía: Sonia Míguez.

Elenco artístico: Félix Rodríguez, Pepe Varela, Diego Rosal e Pablo Cabanelas.

 

-Premio do Público no Festiclown 2017, Espectáculo Mellor Valorado polo público en Domingos do Principal 2018.

 

Píscore son catro prestixiosos músicos fronte a un grande conflito: 16 baquetas e unha soa marimba. Catro músicos dispostos a facela soar do xeito máis orixinal e abraiante. Organizarse xa non vai ser tan doado.

Píscore achéganos a mellor música e moito humor para un concerto singular nunha proposta que se encadra na liña dos grandes espectáculos que mesturan o virtuosismo musical e os ritmos coa comedia xestual. Un espectáculo de vocación universal que fará rir e gozar ao público de todas as idades apelando ao máis clásico do humor e do sketch musical.

 

Idioma: galego.

Público: adulto (familiar).

Duración: 60 minutos.

 


AS ENTRADAS PODERÁN ADQUIRIRSE ANTICIPADAMENTE

(sen gastos de xestión, ao mesmo prezo que no despacho de billetes)

- A través da páxina web de Ticketea

- No teléfono 902044226

- En Discos Elepé (r/ Doutor Cadaval, 35)

Horario: De 10 h a 13:30 h e de 16:30 h a 20 h de luns a sábado

- O mesmo día do espectáculo a partir dunha hora antes do comezo no despacho de billetes do Auditorio (sempre que houbese entradas disponibles)

ABONOS

(só en anticipada, non poderán adquirirse no despacho de billetes do propio Auditorio)

-ABONO Á CARTA 5

Elixe 5 espectáculos de toda a programación combinados como queiras e goza dun 10 % de desconto sobre o prezo total.

-ABONO Á CARTA 10

Elixe 10 espectáculos de toda a programación combinados como queiras e goza dun 25 % de desconto sobre o prezo total.



PROGRAMA COMPLETO NO ARQUIVO QUE SE ACHEGA.

MÁIS INFORMACIÓN SOBRE O FUNCIONAMENTO DO DESPACHO DE BILLETES E DOS ACCESOS AOS ESPECTÁCULOS ORGANIZADOS POLA CONCELLERÍA DE CULTURA NO AUDITORIO MUNICIPAL DO CONCELLO NO SEGUINTE ENLACE.

Data: 
Dom (18/11/2018)
Horarios: 
18:00 h
Lugar: 
Auditorio Municipal do Concello (praza do Rei 1, 36202 Vigo)
Organizador: 
Concellería de Cultura
Acceso: 
5 €