“CIRCO MEDITERRÁNEO” DE ROLABOLA – (AUDITORIO MUNICIPAL DO CONCELLO)

Descripción: 

O Circo Mediterráneo recolle o mellor da tradición circense incorporando as características do circo contemporáneo, tanto na forma de desenvolver os números como na iluminación, a música e o humor intelixente. Tras unha función de o Circo Mediterráneo, o espectador leva un feixe de gargalladas e un anaco do mellor circo nun espectáculo formulado para todos os públicos. O circo ten un compoñente universal: para todas as idades, gustos e procedencias; esta linguaxe é a que se recupera.

O Circo Mediterráneo supón unha revisión do cabaret circense, con números nos que se equilibra a destreza do circo e a posta en escena. Co humor como fío condutor, o presentador e mestre de cerimonias engarza os distintos números para dotar de ritmo a montaxe.

 

- PREMIO NACIONAL DE CIRCO 2017.

 

Compañía: Rolabola.

Xénero: novo circo.

Autoría, adaptación e vestiario: Rolabola.

Dirección: Alfonso de la Pola.

Escenografía: Francisco Coronado.

Deseño de son e deseño de iluminación: Rafael Díaz.

Música: Juan Antonio Parra Zurita.

Elenco artístico: Alfonso de la Pola, Antonio Jesús Gómez (El Gran Dimitri), Víctor Sánchez “Vito”, Iñaki Erdocia (Tremendo Circus) e Rubén Barroso “Mini”.

Idioma: España.

Público: Familiar (+3 anos).

Duración: 70 minutos.

 

 

AS ENTRADAS PODERÁN ADQUIRIRSE ANTICIPADAMENTE

(sen gastos de xestión, ao mesmo prezo que no despacho de billetes)

- A través da páxina web de Ticketea

- No teléfono 902044226

- En Discos Elepé (r/ Doutor Cadaval, 35)

Horario: De 10 h a 13:30 h e de 16:30 h a 20 h de luns a sábado

- O mesmo día do espectáculo a partir dunha hora antes do comezo no despacho de billetes do Auditorio (sempre que houbese entradas disponibles)

ABONOS

(só en anticipada, non poderán adquirirse no despacho de billetes do propio Auditorio)

-ABONO Á CARTA 5

Elixe 5 espectáculos de toda a programación combinados como queiras e goza dun 10 % de desconto sobre o prezo total.

-ABONO Á CARTA 10

Elixe 10 espectáculos de toda a programación combinados como queiras e goza dun 25 % de desconto sobre o prezo total.



PROGRAMA COMPLETO NO ARQUIVO QUE SE ACHEGA.

MÁIS INFORMACIÓN SOBRE O FUNCIONAMENTO DO DESPACHO DE BILLETES E DOS ACCESOS AOS ESPECTÁCULOS ORGANIZADOS POLA CONCELLERÍA DE CULTURA NO AUDITORIO MUNICIPAL DO CONCELLO NO SEGUINTE ENLACE.

Data: 
Dom (15/04/2018)
Horarios: 
18:00 h
Lugar: 
Auditorio Municipal do Concello (praza do Rei 1, 36202 Vigo)
Organizador: 
Concellería de Cultura
Acceso: 
5 €