“BU21” DE AVENTO PRODUCIÓNS – (AUDITORIO MUNICIPAL DO CONCELLO)

Descripción: 

“ESTREA”



Compañía: Avento Producións

Xénero: teatro drama

Autor: Stuart Slade

Tradución: Andrea Abreu, Suso Moinhos e Xoán Abreu

Dirección: Xoán Abreu

Elenco artístico: Antela Cid, Fernanda Barrio, Rocío Salgado, Machi Salgado, Martín Máez e Fran Peleteiro

Público: adulto

Idioma: galego

Duración: 130 minutos

 

BU21 fai un seguimento ás secuelas deixadas por un ataque terrorista no centro de Londres a un grupo de persoas. Seis persoas novas que, inesperadamente, vense obrigadas a afrontar o horror, convertidas en vítimas do que sempre pensaron que lles era alleo.

Por momentos terrorífica, emotiva, brutal, demoledora, inspiradora e hilarante. Teatro textual como espello do tempo presente.

A obra estrouse en Londres en maio do 2016 nunha produción de Kuleshov Theatre Company baixo a dirección de Dan Pick.

 

 

AS ENTRADAS PODERÁN ADQUIRIRSE ANTICIPADAMENTE

(sen gastos de xestión, ao mesmo prezo que no despacho de billetes)

- A través da páxina web de Ataquilla

- No teléfono 902504500

- Na Central de Espectáculos (Velázquez Moreno, 26)

Horario: De 10 a 13 e de 17 a 20h de luns a venres / De 10 a 13h os sábados

- Na Sede de Afundación (Policarpo Sanz 26)

Horario: De 10 a 13 e de 17 a 20:30h de luns a venres / De 10 a 13h os sábados

- O mesmo día do espectáculo a partir dunha hora antes do comezo no despacho de billetes do Auditorio (sempre que houbese entradas disponibles)

 

ABONOS

(só en anticipada, non poderán adquirirse no despacho de billetes do propio Auditorio)

-ABONO Á CARTA 5

Elixe 5 espectáculos de toda a programación combinados como queiras e goza dun 15 % de desconto sobre o prezo total.

-ABONO Á CARTA 10

Elixe 10 espectáculos de toda a programación combinados como queiras e goza dun 25 % de desconto sobre o prezo total.


PROGRAMA COMPLETO NO ARQUIVO QUE SE ACHEGA.

PROGRAMA RESUMIDO NO SEGUINTE ENLACE.

MÁIS INFORMACIÓN SOBRE O FUNCIONAMENTO DO DESPACHO DE BILLETES E DOS ACCESOS AOS ESPECTÁCULOS ORGANIZADOS POLA CONCELLERÍA DE CULTURA NO AUDITORIO MUNICIPAL DO CONCELLO NO SEGUINTE ENLACE.

Data: 
Xov (13/10/2016)
Horarios: 
21:00 h
Lugar: 
Auditorio Municipal do Concello (praza do Rei 1, 36202 Vigo)
Organizador: 
Concellería de Cultura
Acceso: 
5 €